top of page

Propoñemos tres tipos de exercicios diferentes:

  1. Exercicio de oratoria en equipo para presentar en clase.

  2. Exercicio de concentración, visual e auditivo.

  3. Exercicio escrito que fomenta a práctica da documentación.

 

Exercicio de oratoria:

A clase divide en tres grupos:

 

Equipo creativo:

Xogo de vídeo sobre o viaxe de Magallanes. Hai que debuxar un borrador do mundo do xogo de vídeo e algúns dos personaxes para preparar unha exposición cuxo obxectivo é que unha empresa de xogos compre a idea.

 

Equipo filosófico e político:

Conferencia dirixida a un organismo internacional para que ofreza fondos para un gran proxecto espacial: Habitación dun novo planeta. Hai que debater con outros compañeiros que están en contra porque no novo planeta pódense atopar habitantes que se opoñen ao noso arribo. ¿Que facer se é vital para a subsistencia dos habitantes da terra?

 

Equipo científico e/ou histórico.

(Pode tratarse desde un dos dous puntos de vista ou ambos)

Conferencia sobre como era a vida nunha nao do século XVI e comparar con unha nave espacial do século XXI. Despois hai que realizar conclusións, para expor que melloras poderían inventarse para facilizar a vida dos astronautas nos seus viaxes espaciais.

 

Exercicio lúdico e de concentración:

Consiste en xogar a atopar os 7 erros:

Durante a representación da función haberá:

  1. Dous grandes pero anecdóticos erros no diálogo dos actores.

  2. Tres erros visuais sobre o escenario.

  3. Dous erros nas imaxes que se projecan durante a representación.

Pode xogarse en grupo e discutir en clase.

 

Exercicio de documentación escrito:

Consiste en realizar un traballo individual ou en grupo sobre estes tres mitos ou algún deles:

  1. O terraplanismo

  2. A hochedade da terra

  3. O continente perdido da Antártida.

 

En todo momento e antes de acudir á representación, o profesorado pode contactar co equipo de Bedford Young Theatre, para resolver dúbidas e traballar as actividades xuntamente.

bottom of page